Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Pedal
Difundir o artigo en Cabozo

Pedal


Pedal
Empresa
Categoría/s:
Referencia
Pedal
Idade
De 8 a +18 anos
PVP rec.
60,00 €
Valoración
0 puntos

Os xoguetes de desprazamento e equilibrio son unha aposta por cambiar o escenario do xogo: a recuperación do espazo exterior para volver ver nenos xogando na rúa, nos camiños. Que sexan eles quen decidan cara onde queren levar os seus pasos, nenos que sexan quen de caer e volver levantar, que coñezan os seus propios límites, a frustración de non conseguilo, chorar, rir e subir novamente para mellorar o anterior. Nenos que sexan quen de apoiar a quen non é capaz. Apostamos pola aprendizaxe de valores co xogo, polos nenos xogando en liberdade.
 
Os pedais son un xoguete de desprazamento e equilibrio, realizado artesanalmente en madeira de piñeiro tratada con aceites naturais. Están compostos por dúas bases e catro rodas cun eixo que lles permite o desprazamento.  Os pedais mostran a complexidade de manter o equilibrio sobre una base en movemento, de procurar atopar en nós mesmos o noso punto central para estar por riba de todo o movemento e dirixir a nosa vida.

Todos os xogos e xoguetes de Miudiño son artesáns, de fabricación propia no Obradoiro Miudiño e cumprindo coa normativa 2009/48/CE sobre a seguridade dos xoguetes.



Onde conseguir esta proposta

Estes pedais pódense mercar a través da tenda web de Miudiño, aquí >



Galería