Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Zancos clásicos
Difundir o artigo en Cabozo

Zancos clásicos


Zancos clásicos
Empresa
Categoría/s:
Referencia
Zancos
Idade
De 8 a +18 anos
PVP rec.
25,00 €
Valoración
0 puntos

Os xoguetes de desprazamento e equilibrio son unha aposta por cambiar o escenario do xogo: a recuperación do espazo exterior para volver ver nenos xogando na rúa, nos camiños. Que sexan eles quen decidan cara onde queren levar os seus pasos, nenos que sexan quen de caer e volver levantar, que coñezan os seus propios límites, a frustración de non conseguilo, chorar, rir e subir novamente para mellorar o anterior. Nenos que sexan quen de apoiar a quen non é capaz. Apostamos pola aprendizaxe de valores co xogo, polos nenos xogando en liberdade.

Os clásicos zancos son un xoguete de desprazamento e equilibrio, realizado artesanalmente en madeira tratada con aceites naturais,  aptos para pequenos e grandes.

Dispoñibles en tres tamaños:
>120 cm: 25 €
>160 cm: 28 €
>190 cm: 30 €

Todos os xogos e xoguetes de Miudiño son artesáns, de fabricación propia no Obradoiro Miudiño e cumprindo coa normativa 2009/48/CE sobre a seguridade dos xoguetes.



Onde conseguir esta proposta

Estes zancos pódense mercar a través da tenda web de Miudiño, aquí >



Galería