Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Pito galego. Método práctico
Difundir o artigo en Cabozo

Pito galego. Método práctico


Pito galego. Método práctico
Autor
Moisés Quintas Suárez
Empresa
Ano
2015
Referencia
978-84-944008-1-0
ISBN
978-84-944008-1-0
Idade
De 12 a +18 anos
PVP rec.
19,00 €
Valoración
5 puntos

O primeiro método de Pito Galego. Unha obra que contribúe a mostrar as posibilidades musicais deste instrumento e facilita a súa aprendizaxe, empregando unha metodoloxía progresiva e baseada no noso repertorio tradicional.O método de pito galego nace para prevalecer no tempo e servir de guía ás xeracións futuras, garantindo a supervivencia do pito e contribuíndo ao asentamento do seu ensino, fixando a traxectoria histórica evolutiva, e da técnica do instrumento.

  • Orixe e evolución do instrumento.
  • Estudo dos distintos pitos acompañado de fotografías ilustrativas.
  • Máis de 200 exercicios progresivos de técnica, articulación, afinación, respiración…
  • Máis de 50 melodías tradicionais ordenadas por grao de dificultade.
  • Obradoiro para construír o teu propio pito de cana e moito máis.
Este libro compleméntase coa versión web do proxecto, www.pitogalego.gal, un espazo que inclúe máis de 250 gravacións de audio e que pretende seguir vivo en intercambio cos lectores. Pincha aquí para ver a Moisés Quintas tocando un pito pastoril galego construído por Basilio Carril.



Onde conseguir esta proposta

Podes atopar esta proposta nas librarías ou aquí, no web de Ouvirmos >



Galería