Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Descafeinado ecolóxico Sabora
Difundir o artigo en Cabozo

Descafeinado ecolóxico Sabora


Descafeinado ecolóxico Sabora
Empresa
Referencia
SaboraDesc
Idade
De 16 a +18 anos
PVP rec.
3,50 €
Valoración
0 puntos

Café cultivado Perú que se cultiva de forma tradicional entre os 1.200 e os 1.800 metros, sen a utilización de ningún pesticida ou fertilizante non natural sempre co máximo de coidado co medioambiente.

Co mesmo coidado que se utiliza logo para sacar a cafeína do café, con medios totalmente respectuosos para o medio, e que dan lugar a este magnífico descafeinado. Son cafés saudables para o noso corpo e a súa produción é moi respectuosa co medio, os grans de café son producidos e tratados con técnicas especialmente deseñadas para teren un impacto mínimo sobre o medio. É un café suave, equilibrado, con excelente nivel de acidez que lle permite satisfacer as expectativas que se poidan poñer neste descafeinado. Non quedarás decepcionado/a polo seu sabor ou aroma. Se es alguén a quen lle preocupa o seu corpo, e che interesa protexer o medio ambiente, sen renuncia e ter un bo café aínda que deixes de lado a cafeína, este é certamente o teu produto.

Este descafeinado ten varias certificacións internacionais que o apoian como café ecolóxico como Narturland de Alemaña, o IMO control de Suíza e a certificación JAS para vendas exclusivas no Xapón. Ten un certificado de café de sombra (Bird Friendly), para un segmento do mercado moi reducido que valora que se produza o café respeitando os paxaros da zona de produción. Ademais de cumpriren toda a normativa Española e Europea para a venda de cafés ecolóxicos ou cafés orgánicos.

Preséntase en saco de 250 gr (3,50 €) e 500 gr (7 €).



Onde conseguir esta proposta

Cafes Sabora non ten distribución a grandes superficies e só distribúe a tendas de produtos ecolóxicos, delicatesen ou tendas tradicionais.

Atopa aquí a túa tenda onde venden Cafés Sabora >



Galería