Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » As viaxes fantásticas de Jules Verne
Difundir o artigo en Cabozo

As viaxes fantásticas de Jules Verne


As viaxes fantásticas de Jules Verne
Autor
Tradución de Ánxela Gracián
Empresa
Categoría/s:
Referencia
978-84-9995-185-0
ISBN
978-84-9995-185-0
Idade
De 6 a +18 anos
PVP rec.
24,95 €
Valoración
0 puntos

As viaxes fantásticas de Jules Verne

Cinco das máis recoñecidas novelas do mestre incontestábel da aventura adaptadas por un autor que non deixa escapar a súa paixón polas obras e a súa admiración por Verne e por un ilustrador que visualiza as imaxes máis significativas de cada historia. Unha iniciación para que o mundo infantil coñeza o asombroso universo dun dos máis grandes escritores franceses do século XIX e, sen dúbida, da literatura universal de todos os tempos.

A través das cinco historias que completan esta viaxe literaria e chea de sorpresas, descubriredes o universo incrible do mestre incontestable da aventura. Dirixirse en foguete cara á Lúa, descender ao máis profundo da Terra, capitanear dun modo arrebatado o Nautilus ou carreiras a fume de carozo en plena sabana... Jules Verne dá mostra do seu imaxinario grandioso e vangardista ao servizo do lector. Abride este libro e partide de viaxe cos seus heroes!

As viaxes fantásticas de Jules Verne que nunca esquecerás son:

  • 5 semanas en globo
  • A volta ao mundo en 80 días
  • Viaxe á Lúa
  • Viaxe ao centro da Terra
  • 20.000 leguas baixo dos mares



Onde conseguir esta proposta

Podes mercar este libro en librarías ou na tenda en liña de Baía Edicións



Galería