Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » A horta dos caracois
Difundir o artigo en Cabozo

A horta dos caracois


A horta dos caracois
Empresa
Categoría/s:
Referencia
AHortaDosCaracois
Idade
De 3 a 10 anos
PVP rec.
30,00 €
Valoración
0 puntos

OBXECTIVO:
- Mellora da psicomotricidade fina
- Iniciación ós xogos de mesa (regras comúns, respecto das quendas, asociación dado - acción)
- Xogo colectivo no que todos xogan no mesmo equipo

NÚMERO DE XOGADORES/AS: 2 a 4

IDADE ORIENTATIVA: 3 anos en diante

CONTIDO:
- 10 cenouras, 10 patacas, 10 tomates e 10 leitugas de madeira
- 4 cestas (pode conter máis baixo petición expresa)
- 10 pezas de puzzle cos caracois
- 1 dado
- 1 taboleiro
- Instrucións en galego e caixa

DESENVOLVEMENTO DO XOGO:
- Despois de preparar o terreo, sementar, regar e coidar a nosa horta chegou o momento de recoller os seus produtos. Pero esta non é unha horta calquera, é unha horta ecolóxica inzada de caracois.
- O que temos que facer é recoller toda a produción da horta antes de que a coman os caracois. O dado determinará se se colle un produto ou se se coloca un caracol. Gañarán todos os xogadores e xogadoras cando non quede nada na horta por recoller; gañarán os caracois se se colocan todas as súas fichas no taboleiro.



Onde conseguir esta proposta

Podes encargar este xogo a través de Brazolinda, no enderezo electrónico brazolinda@brazolinda.com, no teléfono 647853361 ou acudindo a algunha das feiras en que participa.



Galería