Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Alba María - Aínda
Difundir o artigo en Cabozo

Alba María - Aínda


Autor
Alba María
Empresa
Ano
2014
Referencia
aCF 02-14
Idade
0 anos
Valoración
0 puntos

Aínda

Nova e artista é un binomio raro na música galega. Pero iso é Alba María. Alumna da Escola Livre da Música Popular Galega, de aCentral Folque, gañou do I Concurso de Canción de Autor de Teo. E grazas aos organizadores do Certame, a aCentral Folque, e ao saber facer dun excelente elenco de músicos profesionais que a acompañaron, con só 19 anos, deu luz a “Aínda”, o seu primeiro disco.

Alba María é autora duns temas que parece que sempre estiveran aí, compositora das melodías e das letras deste disco, sorprende moito a madurez nunha muller tan nova. Naturalidade, xuventude e temáticas de xénero están presentes nos textos das cancións. O seu traballo seduciu aCentral Folque e a grandes músicos como os premios especial Cubadisco José Manuel Díaz e Alejandro Vargas, arranxistas do disco. Destacados músicos do panorama galego, desde o Folque (Pedro Pascual, Óscar Fernández, Gutier Álvarez, Ariel Ninas) até o Jazz (Felipe Villar) participan neste CD. A música de Alba María pode gostar a xente nova, mais tamén a calquera xeración.



Onde conseguir esta proposta

Nas mellores loxas do país
-Loxa postal aCentral Folque
- mail a info@folque.com (10 €)
-Loxa online- Inquedanzas Sonoras
(12 €)
-Loxa física - Lila de Lilith, Travesa 7, Santiago de Compostela (10 €)



Galería