Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Xoguetes Naturais. Primavera-Verán
Difundir o artigo en Cabozo

Xoguetes Naturais. Primavera-Verán


Portada do libro Xogues Naturais
Autor
Xosé López González e José M. García Fernández
Empresa
Categoría/s:
Ano
2014
Referencia
VR 4003
ISBN
978-84-941053-4-0
Idade
De 6 a +18 anos
PVP rec.
11,75 €
Valoración
0 puntos

Xoguetes Naturais. Primavera-Verán

Xoguetes naturais é un caderno que nos ensina como realizar paso a paso 30 xoguetes con elementos da natureza, follas, herbas, flores… Detrás de todas estas “argalladas”, atopamos un forte compromiso coa defensa do medio ambiente, pero sobre todo un devezo profundo de recuperación e posta en valor do xoguete popular e tradicional.

Os 30 xoguetes, elaborados con elementos propios da primavera-verán, acompáñanse de máis de 200 ilustracións realizadas a lapis e de textos explicativos que dun xeito didáctico e práctico nos descubren como construír un guerreiro de landra, un gorro de follas de castiñeiro ou unha boneca de papoula, entre outros.



Onde conseguir esta proposta

Dispoñible en librarías e a través do sitio web.