Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Praza Pública
Difundir o artigo en Cabozo

Praza Pública


Categoría/s:
Referencia
PrazaPublica
Idade
De 14 a +18 anos
PVP rec.
10,00 €
Valoración
3 puntos

Praza Pública é un xornal dixital en galego que, para o seu sostemento independente, necesita apoio económico.

Podes facelo de maneira puntual, facendo unha achega de, por exemplo, 50 €, ou de maneira periódica, facendo unha achega de 10 € ao mes ou 15 € euros ao trimestre durante un ano.

E podes facelo directamente ti, ou regalarlle a alguén ese apoio! Así, quen recibe este agasallo pasa a formar parte da comunidade lectora de Praza.

Ao ser a Fundación Praza Pública unha entidade sen ánimo de lucro e declarada de interese público, as achegas terán dereito a unha dedución do 25% na declaración do IRPF.

A forza de Praza Pública son os seus lectores e lectoras. Praza é un medio da súa comunidade de lectores. A existencia do xornal depende das achegas realizadas por todos e todas. O pagamento dos xornalistas da redacción ou o desenvolvemento e mantemento tecnolóxico do web finánciase maioritariamente a través de pequenas doazóns, pois tres de cada catro euros do noso orzamento anual son achegados por persoas a título individual, e o cuarto restante procederá de ingresos publicitarios e a prestación de servizos informativos a terceiros.



Onde conseguir esta proposta

Podes formalizar unha achega en: http://praza.gal/achegas



Galería