Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Miniaturas de Eugenio Granell. Música Revelada
Difundir o artigo en Cabozo

Miniaturas de Eugenio Granell. Música Revelada


Etiquetas
Autor
Sonsoles Hernández/Alejandro Vargas
Empresa
Categoría/s:
Ano
2012
Referencia
aCF 01-12
ISBN
978-84-940598-0-3
Idade
0 anos
PVP rec.
30,00 €
Valoración
0 puntos

Miniaturas de Eugenio Granell. Música Revelada

2 LIBROS+CD: aCentral Folque descubre máis de 200 os apuntamentos que Eugenio Granell deixou anotados no seu caderno de partituras inédito publicando a transcrición das melodías (feita por Benxamín Otero) e un estudo sobre a dimensión musical do autor por Sonsoles Hernández. Ademais encargoulle un traballo de novas composicións ao pianista cubano Alejandro Vargas. O resultado son 10 temas que conservan a forte inspiración galega dos orixinais de Granell e suman a creatividade de Vargas coa linguaxe de jazz. 

"Miniaturas de Eugenio Granell: música revelada" é o título do proxecto que pechou o ano 2012 no que se conmemorou o nacemento do xenial pintor. Aproveitando esta efeméride, aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, saca á luz os apuntamentos que Eugenio Granell deixou anotados no seu caderno de partituras inédito publicando un libro coa transcrición das melodías e notas e un estudo sobre a dimensión musical do autor. A partir destes apuntamentos musicais orixinais de Granell, aCentral Folque encargoulle un traballo de novas composicións ao pianista cubano Alejandro Vargas. O resultado son 10 temas que conservan a forte inspiración galega dos orixinais de Granell e suman a creatividade de Vargas coa linguaxe de jazz. O formato da banda base é un cuarteto (piano, contrabaixo, batería e voz) ao que se suman 3 colaboradores (viola, zanfona e gaita).

Elenco artístico:

Alejandro Vargas (dirección, arranxos e piano)
José Manuel Díaz (contrabaixo)
LAR Legido (batería)
Mónica de Nut (voz)
Edelmiro Fernández (gaita)
Germán Díaz: (zanfona)
María José Pampano: (viola)



Onde conseguir esta proposta



Galería



Audios