Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Vinilo AFI: Pedaciños de ceu
Difundir o artigo en Cabozo

Vinilo AFI: Pedaciños de ceu


AFI: Pedaciños de Ceo
Etiquetas
Autor
Aula Folque Infantil
Empresa
Categoría/s:
Ano
2013
Referencia
AFI-010
Idade
De 3 a +18 anos
PVP rec.
18,00 €
Valoración
5 puntos

AFI: Pedaciños de ceo

Un disco vinilo sen trampa nen cartón, tal cual son e se expresan os nenos e nenas nas aulas estos últimos 10 anos. Deseñado por Pablo Giraldez "O Pastor", o vinilo como a inocencia non desaparece tan facilmente. A Aula Folque Infantil nace na cidade de Pontevedra no curso escolar 2002-2003 no marco do Ano da Música en Pontevedra e xa choveu e descampou desde aquela. A Aula Folque Infantil é conscente da importancia da CRIANZA CREADORA para o noso futuro musical de país.

Na cara A baixo a "dirección" musical de Jose Manuel Diaz, contrabaixista cubano e mestre da Afi trátase de un tema de composición de Mario e 3 temas tradicionais reelaborados con letras compostas polos nenos e nenas da Afi.

Na cara B temas da primeira época donde Nacho Muñoz este grande músico e compositor galego traballaba tamén a grabación musical e compositiva nas aulas, nesta cara podedes atopar creacións colectivas interesantes arredor da música contemporánea e da música experimental infantil, concepcións sonoras pouco tratadas na música galega e curiosas para quen saiba cociñar as pócimas musicais e se interese polo proceso de inspiración.

A actual comunidade de nenos-as músicos: Ana Loroño, Alba Iglesias, Inés Pita, Sainza Quintía, Martín Siero, Tsegaye Suárez, Martín Nistal, Aldán Rubido, Lois Sanmartín, Xenevra Gonzalez, Eneko Leonet, Uxía Pacheco, Roi Etxeita, Brem Sobral, Iria Cabanelas, Dinkesh Suárez, Mario Gonzalez, Sandra Tourís, Mariña Pérez, Antón Etxeita, Ana Barros, Moises Villanueva, Héctor Gestido, Marta Gomez, Belén Fernández, Antón Piñeiro, Anxo Gómez, Sara RIveiro, Brais Gómez e Gabriel Gestido. A equipa docente destes anos : José Manuel Diaz, Marcelo González, Mónica de Nut, Xurxo Troncoso, Gema Pérez, Pilar Araujo, Pepa Yañez, Xela Conde, Nacho Muñoz e Lola de Ribeira.



Onde conseguir esta proposta



Audios