Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Os Maios. Licor artesanal
Difundir o artigo en Cabozo

Os Maios. Licor artesanal


Os Maios. Licores artesanais
  • . Leiro
  • T.  988488115/639824715/696721757
  • Email
  • Web

O proxecto "licores artesanais" naceu dunha afección común que temos dende hai anos dúas amigas: a elaboración con base de augardente de licores tradicionais galegos. Compilamos receitas populares, algunhas de moita tradición como o licor café e a augardente de herbas, e outras menos coñecidas pero recollidas do saber popular, como a do licor de folla de figueira, licor de canela… e as máis innovadoras como a da crema de bagazo.

Durante anos, elaboramos estes licores artesanais para o desfrute dun grupo reducido de familiares e amigos, que nos animaron a participar no concurso de licores caseiros que se convoca cada ano na famosa e recoñecida Festa da Istoria de Ribadavia, onde obtivemos diferentes premios. Pouco a pouco, fómonos facendo donas dese saber popular, que xunto cun proceso totalmente artesán e os ingredientes máis naturais, acadou un resultado que segundo persoas catadoras, familiares e amigos, podería ter un alto grao de aceptación no mercado, tan necesitado deste tipo de produtos artesáns.

Presentamos agora estes licores á vosa consideración e ofrecémosvolos en botellas decoradas artesanalmente, pintadas a man ou repuxadas en estaño por unha das promotoras desta iniciativa.



Produtos de Os Maios. Licor artesanal


Licor café artesán Os Maios

Os maios
Os Maios. Licor artesanal

Elaborado en maceración lenta con café de Colombia da mellor calidade.

PVP rec. 12,00 €