Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Urco Editora
Difundir o artigo en Cabozo

Urco Editora


Urco Editora
  • Rúa do Avío 11, baixo. 15705 Santiago de Compostela
  • T.  981 576 883 / 604 006 961 / 615 451 703
  • Email
  • Web

Urco editora é unha empresa editorial nacida en 2007 que veu encher un oco histórico no sistema literario galego: a publicación sistemática e especializada de literatura de fantasía, ciencia ficción e terror. Até agora a escasa presenza destes xéneros na literatura traducida estaba fragmentada en distintas editoriais e coleccións, catalogada especialmente baixo os criterios de «clásicos» ou de «literatura xuvenil». Por isto Urco foi pioneira na achega sistemática destes tres xéneros ao público galego. Co tempo, a criatura foi medrando e abranguendo outros ámbitos como o do ensaio, a literatura infanto-xuvenil e os xogos de mesa.

Coleccións:

  • Tradución. Urco naceu coa determinación de traer os mellores clásicos do xénero fantástico á nosa lingua, así como as obras contemporáneas máis senlleiras.
  • Urco Gótica. Literatura traducida de xénero gótico e terrorífico.
  • Urco Fantasía. Colección dedicada á literatura traducida de xénero fantástico.
  • Urco Ciencia Ficción. É o fogar das obras traducidas do xénero de anticipación e de ficción científica.
  • Alcaián. A colección Alcaián nace en 2010 para dar cabida a aqueles textos escritos en galego que se adscriben nos xéneros nos que se especializa a editora.
  • Biblioteca Niké. A Biblioteca Niké de versos, vidas e pensamento é unha colección que nace paralela ao proxecto central da editorial para dar unha saída a certos proxectos que, malia que afastados da liña principal e histórica de Urco, consideramos moi interesantes ou fundamentais para a cultura do país.
  • Urco Infantil. Esta colección está pensada para cubrir o único segmento de idade ao que a nosa editora aínda non chegaba: o dos primeiros lectores.
  • Contos Estraños En 2015, a editorial Contos Estraños, destacada pola súa publicación trimestral homónima que homenaxea os pulps norteamericanos de comezos do século XX, pasa a integrar un selo de seu dentro de Urco editora.
  • Urco Xuvenil. Ante a demanda de literatura fantástica por parte de xeracións cada vez máis novas, en 2014 nace a colección Urco Xuvenil, na que se publican textos destes xéneros orientados aos lectores que se achan nas distintas etapas do ensino secundario.
  • Series e sagas. Malia que non se trate dunha colección de seu, non podemos negar que a literatura fantástica componse en gran medida de triloxías, pentaloxías e toda clase de series e sagas de libros.



Produtos de Urco Editora


Mulleres bravas da nosa historia: María Victoria Moreno

Eli Ríos, Eva Agra
Urco Editora

A voz das personaxes femininas

PVP rec. 10,00 €

Mulleres bravas da nosa historia: Rosalía de Castro

María Lado, Eva Agra
Urco Editora

Esta é a historia dunha nena que brillaba no silencio da noite…

PVP rec. 10,00 €

Cando cae a luz

María Canosa
Urco Editora

Claro que os lobos seguen a existir

PVP rec. 13,00 €

Aletheia Moritat

Santiago Bergantinhos
Urco Editora

Thriller de ciencia ficción

PVP rec. 17,00 €