Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Sushi Books
Difundir o artigo en Cabozo

Sushi Books


  • Avenida de Vigo, 103, galerías. 36940 Cangas
  • T.  +34 986168028
  • Email
  • Web

De quen vén sendo Sushi Books?
Sushi Books é un selo pertencente a Rinoceronte Editora S.L.U., que sae á luz en 2013 para achegarse a lectores de todas as idades. E faino cun catálogo en galego, castelán, catalán e éuscaro. Algúns son produtos de importación, outros son delicatessen do país.

Para que tipo de público?
En Sushi Books temos libros para todo tipo de padais, de cinco a quince anos.

Como sei cal é o Sushi que me convén?
A receita é sempre catar, pero ofrecémosche unha guía simple a través das nosas tres coleccións:
    - Álbum. Se buscas unha lectura máis dixestiva, con ilustracións, e apta ademais para primeiros lectores.
    - Intermedio. Se buscas aventuras condensadas en varios capítulos para ler nos recreos.
    - Avanzado. Se buscas emocións fortes ou que che descubran novos mundos, agora que xa estás no instituto.

Onde servides?
Podes atopar os Sushi Books en librarías toda Galicia grazas a Alonso Libros. Tamén os podes mercar na nosa web, e mandámoschos á casa.

Como podo estar ao tanto do que facedes?
Síguenos na nosa conta de Twitter e de Facebook.



Produtos de Sushi Books


Todos teriamos que ser feministas

Chimamanda Ngozi Adichie
Sushi Books

Manual básico de feminismo

PVP rec. 6,00 €

Venres

Santiago Freire
Sushi Books

A historia de Venres contada por el mesmo.

PVP rec. 16,00 €

O caderno de Edua

Helena Villar Janeiro
Sushi Books

Aventuras desde O Cebreiro

PVP rec. 12,00 €