Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Rinoceronte Editora
Difundir o artigo en Cabozo

Rinoceronte Editora


  • avenida de vigo, 103, galerías. 36940 Cangas
  • T.  +34 986168028/029
  • Email
  • Web

RINOCERONTE EDITORA é a primeira editorial especializada na publicación de obras traducidas ao galego. Naceu en Cangas do Morrazo no ano 2005 coa intención de importar para a nosa lingua literatura estranxeira, fundamentalmente recente, e en especial de ámbitos culturais e lingüísticos inéditos en galego.

A mellor literatura do mundo

Na nosa selección de títulos tratamos de cubrir dúas vertentes: apostar por autores de calidade, aínda descoñecidos no noso contexto literario e cultural; e ofrecer obras de autores recoñecidos, recentes ou inéditas en galego. Buscamos amosar un panorama amplo da literatura que se publica en diferentes puntos do planeta, dentro das nosas posibilidades, filias e fobias. No noso catálogo atoparás as primeiras traducións literarias publicadas en galego dende o húngaro, o xaponés ou o árabe.

Outro xeito de facer as cousas

En Rinoceronte dedicamos especial coidado ós nosos libros. Escollemos demoradamente os nosos libros, os nosos tradutores, e queremos que os lectores dispoñan de toda información relativa ós libros que teñen nas mans: título, orixinal da obra, data e lugar da primeira edición, quen o traduciu, quen o revisou, quen ilustrou a capa, quen o maquetou, quen o imprimiu, quen o encadernou, que papel se empregou e con que tipografía se compuxo.



Produtos de Rinoceronte Editora


A boca pobre

Flann O´Brien
Rinoceronte Editora

Tradución do gaélico de Isaac Xubín

PVP rec. 15,00 €

As almas grises

Philippe Claudel
Rinoceronte Editora

Tradución do francés de Moisés Barcia

PVP rec. 18,00 €

Cotovía

Dezső Kosztolányi
Rinoceronte Editora

Tradución do húngaro de Sergio de la Ossa

PVP rec. 18,00 €