Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Hugin e Munin
Difundir o artigo en Cabozo

Hugin e Munin


Hugin e Munin
  • Rúa do Castro, 9, 3º. 15704 Santiago de Compostela
  • T.  67601030
  • Email
  • Web

A editorial

A editorial Hugin e Munin é unha iniciativa pensada para introducir no mercado galego unha serie de títulos de literatura estranxeira de prestixio. O réxime de edición é aquel común aos clubs ou círculos de lectura, é dicir, está sustentado sobre unha base de subscritores que permita a publicación de oito libros ao ano, a razón de dúas obras por trimestre.

As literaturas inglesa e francesa, as literaturas nórdicas e as literaturas minorizadas son en principio os nosos campos de batalla; con todo e iso, a literatura de calquera lingua pode ser obxecto de tradución ao galego por parte de Hugin e Munin. O mesmo reza para os xéneros: novela negra, de ciencia ficción, psicolóxica, de aventuras, realista, colonial etc. Escolmamos as obras en función da súa calidade e sen apenas prestar atención aos clixés que leva implícito dividir por xéneros.

Tanto o deseño das cubertas coma o coido na revisión e maquetación dos interiores dos libros son para nós elementos fundamentais da engrenaxe editorial. Este é un denominador común de ambas as coleccións que pomos ao dispor do público lector; isto é, a colección de publicación periódica, destinada aos subscritores, e unha segunda denominada Vólvense os paxaros contra as escopetas na que pouco e pouco incluímos obras de narrativa que por algún motivo non encaixan co criterio editorial fixado para a colección orientada aos subscritores; non por unha cuestión de calidade literaria, en absoluto; as razóns cómpre buscalas na extensión, na temática ou no formato.



Produtos de Hugin e Munin


Thérèse Raquin

Émile Zola
Hugin e Munin

Traducido do francés por Isabel Soto.

PVP rec. 15,00 €

A viaxe subterránea de Niels Klim

Ludvig Holberg
Hugin e Munin

Tradución do latín de Alfonso Blanco

PVP rec. 15,00 €

As damas verdes

George Sand
Hugin e Munin

Tradución do francés de Xavier Senín

PVP rec. 13,00 €

O xogo serio

Hjalmar Söderberg
Hugin e Munin

Tradución do sueco de Marta Dahlgren

PVP rec. 16,00 €

O verán sen homes

Siri Hustvedt
Hugin e Munin

Tradución do inglés de Alejandro Tobar

PVP rec. 16,50 €

Colleita vermella

Dashiel Hammett
Hugin e Munin

Tradución do inglés de Diego Ameixeiras

PVP rec. 16,00 €