Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Kalandraka
Difundir o artigo en Cabozo

Kalandraka


Kalandraka
  • Rúa Pastor Díaz 1, 4ºA. 36001 Pontevedra
  • T.  (+34) 986 86 02 76
  • F.  (+34) 986 10 02 80
  • Email
  • Web

Co lema "Libros para soñar", KALANDRAKA presentouse un 2 de abril -Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil- de 1998.

O obxectivo era publicar obras da mellor calidade estética e literaria en galego para contribuír á normalización lingüística do noso país. Dende Galicia, KALANDRAKA abriu o seu catálogo a outras falas, ata converterse nun proxecto plurilingüe que publica en galego, castelán, catalán, éuscaro, portugués, italiano e inglés.

Na actualidade, KALANDRAKA conta con selos propios en Portugal, Italia e México. Álbums ilustrados de creación propia, adaptacións de contos tradicionais, recuperación de clásicos da LIX de todos os tempos, libros para prelectores, para nenos e nenas con necesidades de apoio educativo, libros de ficción, libro-discos, poesía e arte, son as principais liñas de traballo que conforman un catálogo vivo e diverso.

Coa suma do selo FAKTORÍA K DE LIBROS, o abano de lecturas amplíase á literatura para adultos, a divulgación científica e as publicacións singulares.

Froito do esforzo colectivo, a traxectoria de KALANDRAKA acadou numerosos recoñecementos: dende o 1º Premio Nacional de Ilustración 1999 outorgado a "O coelliño branco" (Óscar Villán) ata o Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial Cultural 2012.

Do compromiso de KALANDRAKA coa multiculturalidade, coa educación en igualdade, coa tolerancia e co respecto ao medio; da aposta pola animación á lectura como estratexia para estimular a imaxinación e a curiosidade dos máis pequenos; do apoio aos creadores a través da convocatoria do Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado e do Premio Internacional Cidade de Orihuela de Poesía para Nenos, nace o estímulo para continuar facendo libros que seduzan, conmovan, divirtan e perduren no tempo.

Recibiu tamén en 2013 o Premio Xoán Manuel Pintos, que convocan o Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua, como recoñecemento á súa traxectoria na defensa e o prestixio da lingua galega. 




Produtos de Kalandraka


Pippi Mediaslongas

Astrid Lindgren
Kalandraka

Un clásico universal e imprescindible traducido por David A. Álvarez

PVP rec. 15,00 €

Annus Horríbilis e outros musicais

Chévere
Kalandraka

Unha ópera portátil integramente cantada en galego

PVP rec. 13,00 €

Río Bravo

Chévere
Kalandraka

Para rirmos dos estereotipos do western

PVP rec. 12,00 €

Inventario ilustrado de flores

Virginie Aladjidi e Emmanuelle Tchoukriel
Kalandraka

Flores que nos levan de viaxe por todo o mundo

PVP rec. 17,00 €

A imaxinación e a expresión artística na infancia

Lev Vigotski
Kalandraka

O desenvolvemento da imaxinación artística das nenas e dos nenos.

PVP rec. 14,00 €

Brinca vai!

Paco Nogueiras
Kalandraka

Doce cancións para doce meses

PVP rec. 23,00 €

Minilibros para soñar. Imperdibles 2

Varios autores
Kalandraka

Libros pequenos e soños moi grandes

PVP rec. 10,00 €

Minilibros para soñar. Imperdibles 1

Varios autores
Kalandraka

Libros pequenos e soños moi grandes

PVP rec. 10,00 €

Cando os nenos din basta!

Francesco Tonucci
Kalandraka

A importancia das opinións e das queixas dos cativos

PVP rec. 20,00 €

Polo camiño

Mariana Ruiz Johnson
Kalandraka

Rimas festivas para contar e cantar.

PVP rec. 10,00 €

A cidade dos nenos

Francesco Tonucci
Kalandraka

Tradución ao galego da obra emblemática de Francesco Tonucci

PVP rec. 20,00 €

Na punta do pé

Pesdelán
Kalandraka

Para aprender cantigas e bailes galegos, portugueses e mirandeses

PVP rec. 25,00 €