Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Demo Editorial
Difundir o artigo en Cabozo

Demo Editorial


Demo Editorial
  • Rúa Gramela, 23, baixo. 15010 A Coruña
  • T.  981928167
  • Email
  • Web

O noso proxecto editorial nace a finais de 2008 como alternativa de autoedición do autor Manel Cráneo.

En 2009 sae ao mercado Os lobos de Moeche, un cómic de aventuras e divulgativo, grazas a colaboración coa entidade Euroeume. O libro úsase como peza de promoción do Museo do Castelo de Moeche e simultaneamente comercialízase no circuíto de librarías galegas.

Ao pouco tempo comezan a chegar propostas doutros autores galegos interesados en publicar co selo; e, de xeito natural, a iniciativa vaise consolidando como proxecto editorial.

A liña principal de edición está baseada na potenciación de autores galegos en lingua galega, atendendo especialmente a temas relacionados co patrimonio pero sempre desde un enfoque lúdico e asumible para calquera tipo de lector.

Co tempo foron nacendo tamén distintas liñas de edición temáticas que atenden aos nosos gustos persoais, como a Colección HäinöS, Eumedievo ou a Colección Castelao. 

En 2011, recibimos o Premio Ourense de Banda Deseñada á mellor iniciativa, que o editor, Manel Cráneo, adicou á memoria de Benito Losada, un dos maiores impulsores da BD en Galicia.

Durante tres anos gañamos o Concurso Castelao de Edición da Deputación da Coruña editando ás obras premiadas no Concurso Castelao de Banda Deseñada.

Na actualidade o noso catálogo conta con máis de vinte títulos e o recoñecemento de moitos lectores. Apoiamos novos autores, rescatamos e potenciamos tamén a clásicos do panorama galego e seguimos facendo medrar o noso catálogo esperando que co tempo poida traspasar fronteiras, coma xa ocurreu coa obra Sen mirar atrás de Dani Montero, editada en galego, español e alemán.



Produtos de Demo Editorial


A deserción de Stalin

Tomás Guerrero
Demo Editorial

Axentes secretos e guerra fría

PVP rec. 12,00 €

Destino Hërgüss

Manel Cráneo
Demo Editorial

Primeira novela gráfica ambientada no Planeta Mincha

PVP rec. 23,00 €

Aleida. Cidade sen alma

Víctor Boullón
Demo Editorial

Aventuras na Compostela do séc. XII

PVP rec. 13,50 €

Aram o armenio

Abel Alves / Majox / Lara Lee
Demo Editorial

Relato histórico sobre o xenocidio armenio

PVP rec. 13,90 €

Cousas de mortos

Manel Cráneo
Demo Editorial

Pequenas historias de humor negro

PVP rec. 13,50 €

Colección Castelao de banda deseñada

Inacio / Iván Suárez
Demo Editorial

Serie de cómics sobre a vida de Castelao

PVP rec. 12,00 €