Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Fundación Manuel María
Difundir o artigo en Cabozo

Fundación Manuel María


Fundación Manuel María
  • Outeiro de Rei (Rúa F, nº 2), por tras da Casa do Concello.. Outeiro de Rei
  • T.  698177621
  • Email
  • Web

A Fundación Manuel María de Estudos Galegos foi constituída en marzo de 2007 e declarada de interese galego en xuño dese mesmo ano.

É finalidade central da Fundación manter o legado e a memoria de Manuel María e, de xeito máis específico e inmediato dispor dun espazo físico onde se dea acollida á biblioteca, manuscritos, obxectos persoais ou calquera outro feito relacionado co poeta e que sirva, ademais, como lugar de referencia para dar a coñecer a súa obra e figura entre o pobo galego. Para iso adquirimos a súa casa natal en Outeiro de Rei e realizamos as obras de remodelación para convertela en Casa Museo Manuel María. Fixemos a súa inauguración o día 7 de setembro de 2013.

A fundación publica obras tanto do poeta como sobre o poeta Manuel María.



Produtos de Fundación Manuel María


Navalla de Manuel María

Fundación Manuel María

"Fixen, coa miña navalla, un aradiño de pao..."

PVP rec. 8,00 €

O bigote de Mimí

Manuel María
Fundación Manuel María

Mimí é un gato manso, agarimoso e moi, moi presumido!

PVP rec. 8,00 €

Poemas escollidos

Manuel María
Fundación Manuel María

A primeira escolma que contempla o conxunto da obra de Manuel María

PVP rec. 20,00 €

Memoria da Terra

Manuel María
Fundación Manuel María

Compilación de artigos de opinión de Manuel María

PVP rec. 12,00 €

Os soños na gaiola

Manuel María
Fundación Manuel María

Unha das obras máis emblemáticas da poesía para nenas e nenos

PVP rec. 9,00 €

Terra Chá

Manuel María
Fundación Manuel María

Unha das obras poéticas máis emblemáticas de Manuel María

PVP rec. 12,00 €

Uxía canta a Manuel María

Uxía - Manuel María
Fundación Manuel María

CD gravado ao vivo por Uxía na Casa Museo Manuel María

PVP rec. 15,00 €

A esencia máis nosa

Manuel María
Fundación Manuel María

Os poemas de Manuel María sobre a lingua galega compilados neste libro

PVP rec. 8,00 €