Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Fina Rei
Difundir o artigo en Cabozo

Fina Rei


  • Emilia Pardo Bazán 1. 32660 Allariz
  • T.  988 440 416
  • F.   988 440 416
  • Email
  • Web

Fina Rei - Artesáns Reposteiros

Josefina Rey Beiró nace no ano 1937 en Lestrobe (Dodro), unha pequena aldea ao carón de Padrón. No ano 1961, xunto co seu marido, trasládanse a Allariz. É nesa época cando a súa inquietude pola cociña lévaa a descubrir os doces típicos da vila, pero é no ano 1971 cando decide converter esta afición nunha forma de vida, e achegar a súa maneira de facer a todo o mundo, creando o obradoiro de repostaría que leva o seu nome. Hoxe, retirada das facetas máis cansinas, exerce a súa influencia sobre os fillos que seguen á fronte do forno.

Dende entón foron moitos os avatares que teñen acontecido, algúns bos e outros menos. Moitos os esforzos realizados. Algunhas as ilusións acadadas. Pero nese percorrido, na nosa casa, en Fina Rei, sempre priorizamos a xente, o bo facer, a honestidade da calidade fronte a cantidade, os tempos que marcan o repouso preciso fronte á inmediatez dos atallos que nos desabeiran do ben feito. A creación fronte á imitación, porque no esforzo na procura desa diferenciación atopamos o deleite de sentírmonos partícipes achegando algo de carácter, algo de orgullo e, por suposto, moito de dozura, o que somos como pobo.



Produtos de Fina Rei


Ostras de Chocolate

Fina Rei

Orixinais e deliciosas Ostras de Chocolate

PVP rec. 10,00 €

Frecha de Chocolate para San Valentín

Fina Rei

Orixinal frecha de chocolate cun bombón de framboesa na súa punta.

PVP rec. 13,00 €