Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Imprime3d
Difundir o artigo en Cabozo

Imprime3d


  • Rua Doutor Enrique Hervada, 6 1º. 15006 A Coruña
  • T.  717718506
  • Email
  • Web

Imprimetresde somos impresión 3D, somos deseño, somos creación, somos materiais, somos xogo. A impresión 3D introduciuse nas nosas vidas e está aquí para quedarse e crecer connosco.

Hai algún ano, a impresión 3D entrou nas nosas vidas e chegou para quedarse. Un libro, “A revolución da impresión 3D” de Hod Lipson e Melba Kurman, abriunos os ollos ás crecentes posibilidades da impresión 3D, ao presente e sobre todo ao futuro dunhas máquinas que poden crear (casi) calquera cousa.

Desde a nosa experiencia profesional (máis de dez anos traballando nos campos da arquitectura, o deseño gráfico e a modelaxeo 3D) as posibilidades que ofrece a impresión 3D parécennos absolutamente apaixonantes. Todo un reto creativo e de execución e, á vez, incriblemente divertidas. Os distintos materiais, as diferentes técnicas de impresións, a ampla gama de máquinas, desde as pequenas impresoras de uso doméstico ata os asombrosos aparellos que imprimen casas enteiras, todo é un reto.

Un reto ao futuro, a un futuro no que a tecnoloxía de impresión 3D permitirá a todo o mundo deseñar e crear produtos complexos.

Pero namentres ese momento chega, desde Imprimetresde queremos achegarche ese futuro, poñendo a nosa experiencia no deseño, creación e impresión de obxectos tridimensionais ao teu dispor para que poidas desfrutar desde xa dun anaquiño do futuro.



Produtos de Imprime3d