Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Samarúas
Difundir o artigo en Cabozo

Samarúas


  • T.  663323146 – 637051052
  • Email
  • Web

Samarúas é unha nova proposta folk que comeza a tallar o seu contorno artístico para exhibilo no gran escaparate da música galega.

A cabalo entre a creación propia e a reinterpretación do tradicional, tendo presente a Costa da Morte, as súas xentes e o seu mar, combinamos temas propios cos tradicionais nun folk fresco con personalidade propia. Vimos da canteira da música tradicional que nós mesmos recreamos e presentamos un proxecto integrado por gaita, percusións, voz, acordeón, violín e guitarra.

Un novo son que xurde das nosas inquedanzas musicais  logo dun ano de encontros ata que en setembro do 2013 decidimos dar a coñecer esta aventura, Samarúas.

Gañadores en 2014 do 
QueroStar no Son do Barbansa e 2º premio do certame MúsicaXove, temos actuado en festivais coma o Asalto ao Castelo, Festa Galega, Folk Catalmibre… e teñen colaborado con nós músicos da talla de Kepa Junkera, Brais Maceiras ou José Catoira.

Integrantes
Miguel Vázquez: gaita e saxo

Antonio Prado: percusións

Tania Caamaño: voz e percusión

Fran Trashorras: acordeón

María Blanco: violín

Carlos Barcia: guitarra

Isaac Pérez: batería

Facebook – Twitter – Instagram



Produtos de Samarúas


Prólogo

Samarúas
Samarúas

Prólogo é o primeiro disco da banda de raíz folk Samarúas

PVP rec. 10,00 €