Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Xiralúa
Difundir o artigo en Cabozo

Xiralúa



Xiralúa. Artesanía e Deseño

Xiralúa é un proxecto gráfico que xermola a finais do ano 2015 e que mestura o deseño dixital coa artesanía, dando lugar a produtos de diversa índole con marcado carácter galego.

Os nosos deseños son froito da admiración pola nosa cultura; son a materialización do que nos sae de dentro, alá do fondo, como dixera Celso Emilio. Os produtos están deseñados e feitos a man integramente por Xiralúa, intentado establecer unha marca diferente e de forte identidade. 
Ademais, ofrecemos diversos servizos como estudo gráfico tales como cartelería, imaxe corporativa, publicidade, invitacións ou agasallos personalizados.

Os produtos de Xiralúa están á venda na tenda en liña e nestes establecementos:

A Vella Fábrica de Lapis R/ Lugo 61 baixo, Ferrol (A Coruña)
El 39 La Zapatillería R/ Xuvia 39 Neda (A Coruña)
Basquiart
R/ Colón 30 Ourense (Ourense)
Chan da Pólvora R/ San Pedro 74 Santiago de Compostela (A Coruña)
Libraría Escolma R/ Tomás María Mosquera 29 baixo, O Carballiño (Ourense)



Produtos de Xiralúa


Mochila faros galegos

Xiralúa

Un orixinal estampado para non perder a referencia da terra

PVP rec. 53,50 €

Camiseta Sós (Manuel Antonio)

Xiralúa

Para lucir a Manuel Antonio

PVP rec. 12,00 €