Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Morgana e fillas
Difundir o artigo en Cabozo

Morgana e fillas


Morgana e fillas

Quen somos?

Chegou o tempo das Morganas. Queremos presentarvos a nosa marca.

"Morgana e fillas" componse de deseños e frases feministas en galego, pensados para representar a mulleres galegas e libres.

Merecémonos ser homenaxeadas, vestir como nos dea a gana, decir quen somos... Xamais ficar caladas. Somos donas da nosa vida e é totalmente necesario expresalo. Para iso nos inventamos.

Aínda que hai milleiros de ilustradorxs, artistas e produtos a prol do feminismo por todo o mundo, decatámonos que había un baleiro en canto a propostas propiamente galegas. Ao igual que temos estupendas marcas de camisetas con retranca como Rei Zentolo ou Nikis Galicia, non había marcas que empoderasen á muller. De feito, o humor galego é ás veces moi machista. Había que combatir esto dalgunha maneira.

O que creamos é algo moi noso, das mulleres. Algo máis que unhas camisetas. As Morganas é un equipo, unha arma máis de loita. 
Temos unha serie de deseños diferentes cos que faremos camisetas, tazas e outros complementos. Estamos comezando a poñelo todo en marcha. Os primeiros modelos venderanse a través de Internet, pero máis adiante repartiremos os nosos produtos por distintas tendas do noso país. Non dubidedes contactar connosco se tedes un espazo no que queredes vendelos.

Así que, mulleres e amigas, pedímosvos que difundades todo o que poidades para que isto chegue a todas. Graciñas e benvidas Morganas!!! 

Facebook: https://www.facebook.com/morganaefillas/

Twitter: https://twitter.com/morganaefillas



Produtos de Morgana e fillas


Cunca Rosalía de Castro

Morgana e fillas

Homenaxe a Rosalía

PVP rec. 13,90 €

Caderno Rosalía de Castro

Morgana e fillas

Para anotares os teus pensamentos

PVP rec. 6,00 €

Axenda Meiga Feminista 2018

Morgana e fillas

As netas da meigas tamén nos organizamos

PVP rec. 19,90 €

Cunca Maruxa Mallo

Morgana e fillas
Morgana e fillas

Dedicada á artista homenaxeada no Día das Artes 2017

PVP rec. 13,90 €