Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Axóuxere editora
Difundir o artigo en Cabozo

Axóuxere editora


Axóuxere
  • Brión 64, Leiro. 15984 Rianxo
  • T.  634532896/650843761
  • Email
  • Web

Editora

Desde que Gutenberg inventou a imprenta, o proceso editorial, como práctica comunicativa, desenvolveuse extensivamente ao longo de todo o planeta, propiciando transformacións e iluminando novos horizontes. “O que a pólvora fixo polas guerras, fíxoo a imprenta polas mentes”, dicía Wendell Phillips. Nós sentímonos parte desa liña de fuga creativa que segue a abrir, constante e paseniñamente, portas a novas ideas, conceptos, percepcións e sentimentos.

Blogue


No tempo da inmediatez, o frenetismo da novidade parece un síntoma de alienación. Os medios de comunicación velozmente inseridos na dinámica hiperglobal esquecen a lentitude da meditación, o acougo. Un blogue, pequeno espazo anónimo de reflexión e contemplación, semella ser un bo oco para mirar doutro xeito a evanescente realidade cotiá que se dilúe no tempo dun clic. Ante a velocidade da hiperligazón, a serena proximidade coa letra, coa idea, co lugar propio e compartido.

Produtos á venda en librarías e na tenda en liña de Axóuxere Editora.



Produtos de Axóuxere editora


Desconhecido

Xiao Berlai
Axóuxere editora

CD + BD. Música e textos de X. Berlai e ilustracións de E. Torterolo

PVP rec. 18,00 €