Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Catro Ventos Editora
Difundir o artigo en Cabozo

Catro Ventos Editora


  • Ferrería 25, baixo . 36202 Vigo
  • T.  +34 699 236 846
  • Email
  • Web

Cooperativa

Catro Ventos Editora é unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro fundada en Vigo en 2016 e constituída por cinco persoas socias, todas procedentes e especializadas en diferentes eidos, pero cuns valores e preocupacións comúns.

Misión

A idea de pór en marcha a editorial xurdiu da combinación de dous elementos igual de importantes: o desexo de poder desenvolver unha actividade profesional que non só sexa viable economicamente, mais tamén coherente cos principios éticos das persoas socias que participamos no proxecto; e a constatación de que existe un baleiro no mundo editorial galego nos eidos da economía social e da ecoloxía, malia o interese cada vez maior da sociedade en xeral por estas cuestións.

Visión

Desde o comezo tivemos claro que o noso era o modelo da economía alternativa e solidaria, no que os principios éticos, ambientais e sociais son cando menos igual de importantes cós principios económicos e profesionais.



Produtos de Catro Ventos Editora


A ruta dos refuxiados

U. Beroiz, F. Carnotto, A. Irago, C. López, J. Teixeira
Catro Ventos Editora

Para seguir as pisadas das persoas refuxiadas

PVP rec. 16,00 €

Transición ecolóxica

Aurore Lalucq, Philippe Frémeaux, Wojtek Kalinowski
Catro Ventos Editora

Tradución de Miguel Braña Montaña

PVP rec. 18,50 €

Limpeza creativa

Elisa Nicoli. Tradución de María Mediero
Catro Ventos Editora

Produtos de limpeza e cosméticos naturais feitos por ti

PVP rec. 12,00 €